Celia Castro Fernandez 

Licenciada en Xeografía e Historia

 

 

 

Contacto

Especialidade de Historia da Arte.Historia da Arte Antiga e Medieval e Museoloxía. Catedrática de Historia da Arte exercendo actualmente a docencia na Escola Superior de Arte e Deseño “Ramón Falcón” de Lugo.

Ten varias publicacións sobre arte-pintura galega, Camiño de Santiago, etc.

Un libro titulado:”Estudio Iconográfico y estilístico de los capiteles de la Catedral de Mondoñedo”.E membro fundador da Asociación do Camiño de Santiago na provincia de Lugo e da Asociación do Camiño Norte. Ten participado en estudos colectivos dependentes da Universidade de Compostela (Hórreos e conxuntos rurais na mariña lucense).

Participóu na montaxe de varios museos(Lugo, Lourenzá, Cervo) e escribe crítica de arte. Ten impartido varias conferencias e intervido en mesas redondas sobre temas artísticos. Actualmente atópase facendo o doutorado na Facultade de Humanidades.